As nais de "Os Anxos" están preocupadas. Un garda de seguridade cazou a Álex e a David cando estaban a roubar nun supermercado. Ana cre que o seu fillo sofre as consecuencias dos problemas domésticos entre ela e Román. Convence ó seu marido para que, diante de Álex, se comporten como o matrimonio perfecto. Por outra parte, Victoria quere que o padre Ricardo aconselle a David. O problema é que o mozo se confesa ateo convencido. O máis inquedante, sen embargo, está agochado na caixa forte de Raquel. Alguén deixou dentro unha misteriosa fotografía, e Mónica axuda a Raquel a resolver o enigma.