Ana, allea á animadversión entre Carlos e Tomás, organiza unha cea para celebra-lo regreso deste último. O que non sabe é que Román recibíu un aviso de embargo sobre a casa. Para máis inri, unha serie de malentendidos provoca que todas as amigas acaben pelexando entre elas. De todos modos, quen peor o está pasando é Susana, condenada a unhas vacacións forzosas. A súa familia non lle permite traballar, non lle permiten saír. Nin sequera lle permiten divertirse.