Ana, farta de que Rodolfo, o vixiante, lle chame a atención, opta por convencer a todo o barrio para que o despidan. Mentres, Gloria e Delia xogan ó gato e ó rato: Gloria prohibíu á asistenta usar o baño principal da casa. Pero Delia non é a única que se agocha. Tamén Carlos mantén en segredo o seu regreso a casa, mentres busca probas da súa inocencia.