Román quere que Álex acepte a súa homosexualidade con normalidade. Álex intenta convencelo de que non é gay, pero o seu pai non atende a razóns. Tampouco atende a razóns Gloria, cando Delia lle pide un aumento de soldo. Delia usa todas as súas armas: desde a adulación ata a chantaxe. Allea a todo isto, Victoria lánzase a seducir a Ricardo; pero o home semella inmune ós seus encantos.