Cando Xoel descubre que Breixo, tras sufrir un accidente doméstico, convértese no rei da casa, opta por automutilarse. Sen embargo, Xoel non é o único que comete loucuras para chama-la atención. O seu veciño Álex quere recuperar a Ceci a toda costa. A moza, para librarse del, ponlle unha condición: debe depilarse todo o corpo. Mentres, Ana organiza unha parrillada e invita a todos os seus amigos influentes, co fin de reactiva-los maltreitos negocios do seu marido.