Gloria, asustada por tanto roubo na urbanización, emprende unha cruzada veciñal co obxectivo de aumenta-la seguridade no barrio. Por unha carambola do destino, atopa en Delia a unha fantástica aliada. Quen si empeza a cansar é Ana. Cre que o seu marido perdeu todo o atractivo. De feito, Román, debido a un problema de estómago, é incapaz de poñer freo ás súas ventosidades.