Román séntese desprazado. O seu fillo o sustituíu como home da casa e Román pon todo o seu empeño en sabota-los negocios. Pero el non é o único en sufrir competencia. Victoria compite con outra freguesa polas atencións do padre Ricardo. Entre tanto Raquel, farta de que Pacho aproveite a súa relación con Mónica para sableala, decide tenderlle unha trampa e desenmascaralo diante da súa amiga.