Por se Raquel non tivera suficintes problemas, a chegada de Pancho, o seu ex-marido, supuxo unha verdadeira revolución no fogar dos Castro. Gloria ódiao, Delia namórase del e Pacho, canalla encantador, embauca a Mónica de mala maneira. Entrementres, as amigas de Raquel confabúlanse para que esta faga as paces con Victoria e organizan unha festa na casa de Ana. Casa que, por certo, está sufrindo as consecuencias da máis vergoñenta ruína. Para axudar ós seus pais e conseguir cartos, Álex pon en práctica negocios de carácter moi sospeitoso.