Gloria acode a unha vidente para que a axude na busca do seu fillo. As súas indicacións semellan relacionar a Carlos coa desaparición de Tomás. Mentres a muller busca probas que corroboren as súas sospeitas, Susana recibe a visita da nai de Carlos, coa intención de poñer orde na casa. Pola súa parte, Victoria continúa desconfiando de Ricardo. O sacerdote agocha algo no soto e a muller quere saber de que se trata. David, pola súa parte, enfróntase a un dobre problema: manter súa relación con Ana ás agachadas de Román e resistirse ós ataques da súa avoa, convencida de que o rapaz desviouse.