Celia alármase polo baixo censo de Portozás, polo que fai campaña para que a xente se anime. A única que semella decidida é Paula, que pensa así animar ao seu pai, que está moi decaído. Pero como non ten mozo, terá que buscar o candidato idóneo. As mulleres alármanse e os homes esperan ansiosos a ser eles os elixidos. Currás segue coas obras no bar, aínda que Petróleo non está moi dacordo cos materiais que emprega. Viriato segue coa súa teima de facerse cos negocios de Couto. Paula está cada vez máis convencida de firmarlle un poder.