Petróleo e Belinda levan a Carmiña á revisión médica. Todo está perfectamente, salvo que está un pouco máis pequena do que debería. Petróleo dalle ó asunto máis importancia da que ten, e fará un estudio diario da nena, lendo moitos libros sobre o raquitismo, gravándoa coa cámara, e sacando de quicio a Belinda.
A convivencia entre Pitusa e Sabela comeza a ser tensa, sobre todo pola apropiación de Sabela do mando a distancia da televisión. Currás comezará a facer as obras no Petróleo.
Mangüi decide alquilar o piso de Helena, o que antes tivo Carlos, para irse a vivir nel con Áurea. O problema é que decide todo sen consultarlle a ela, polo que terán unha gran discusión.
Helena vende o varadoiro aos Couto, e marcha de Portozás con César.