Portozás está de loito. Todo o mundo está en silencio no cemiterio, dando o último adeus a Ladislao Couto. Todos están desolados, sobre todo porque ninguén se explica esta morte repentina. As conxeturas serán moitas, e incluso se atreverán a facer espiritismo para tentar falar con Ladislao e que el mesmo explique a súa morte, xa que ninguén da familia conta nada. Ramón está desolado e Paula tenta axudalo e animalo. Chegará Viriato, un compañeiro de Ladislao, para tentar aclarar a súa morte e sacar diñeiro a conta dela. Tamén chega a Portozás César, un compañeiro e amigo do pai de Helena, que se decata da mala situación de Helena e do varadoiro.