María chama a Andrés desesperada por todo o que está a pasar en Portozás e nas súas vidas. Andrés, aínda que moi ocupado, dase conta de que están ocorrendo cousas moi graves polo que colle un avión. Atópase con Paula no aeroporto e xuntos van cara Portozás.
Carlos ten que marchar xa que foi denunciado polo dono da finca onde está acampado. Sabela tenta que se quede pero non hai solución legal posible. Carlos tómao con moita tranquilidade. Deixará esa finca para acampar na do lado.
Todo o pobo está en contra de Couto, Celia asegura que non é ninguén para facer iso, sobre todo porque todavía non está nomeado. Melgacho será quen lle faga ver a Couto o mal que fixo e Couto tentará desculparse.