En Portozás está atracado un pesqueiro ruso por avaría do motor, que ten que ser embargado por impagos do armador. Sabela tenta ser o máis xusta posible e todos en Portozás tentan facerlles a vida o máis agradable posible aos mariñeiros rusos, xa que teñen que estar baixo vixianza ata nova orde. Rosa tenlle un cariño moi especial a Nicolai un dos mariñeiros, e Belinda e Petróleo encaríñanse con Vladimir un mariñeiro que ten unha filla da idade de Carmiña e que casi non víu. Todos trazan plan para que Petróleo e Mangüi se metan no barco e arranxen o motor para que o barco se poida marchar.
Couto prepárase para ser o novo presidente da Cofradía de Pescadores, polo que fala con todo o mundo para mercalos e non ter ninguén que lle faga oposición: Helena, Rosa, Petróleo... A todos lles promete moitas melloras.