Achégase o parto de Belinda e Petróleo quere ter todo controlado, polo que pretende facer un simulacro. O día acordado para o simulacro todo vai según o pactado aínda que un pouco lento. Cando regresan ao bar entéranse de que Belinda tivo que ser trasladada ao hospital no helicóptero de urxencia acompañada por Celia, xa que non había ninguén máis.
Ramón e Taracido volven a discutir por mor dun camiño de servidume que bordea o muro da casa de Taracido e que está cheo de herbas. Laura ve pola noite no porto a imaxe dun afogado que se ri.