Alguén esquilmou o Vcon Negro. Todo apunta a que o culpable é Currás. Este afirma que estivo alí pero que non ten nada que ver con iso. Sabe quen foi pero non quere acusar a ninguén. Chega o xuíz substituto de Carlos que resulta ser Sabela. O seu primeiro asunto será averiguar se Curras é culpabel ou non. Coa axuda de Carlos, que decidíu acampar coa súa caravana nos acantilados, probarán que Currás é inocente ademais dunha boa persoa. Aurea lle pide a Mangüi que lle de unha clase sobre mecánica ós rapaces. Él non quere pero o final accede.
Ladislao segue coas súas hipocondrias e cree estar moi enfermo. Anselmo lle manda facerse unha analítica para que o deixe en paz e comprobe por sí mesmo que está forte coma un toro. Pero o resultado indica que Ladislao ten unha grave enfermidade e terá que ingresar no hospital urxentemente.