O desfalco producíuse mentres Pitusa estivo en Canarias. Carlos déralle a Taracido o diñeiro dunha indemnización pero non lle fixo firmar a executoria. Todo se solucionaría coa firma de Taracido, pero este desconfía xa que Carlos non se explica ben e pensa que é a el a quen van meter no cárcere; debido a todo isto, escápase. Sabela consegue darlles un mínimo de tempo a Carlos e Pitusa para que arranxen o problema. Todo Portozás tenta atopar a Taracido, Carlos está tan desesperado que esta disposto a arranxar o problema ilegalmente, algo totalmente en contra dos seus principios. Decide autoinculparse igual que Pitusa, pero non fai falla. Concha atopa a Taracido no último minuto e frima a executoria. Belinda ten antollos, polo que Petróleo pasará varios días sen durmir buscando comidas raras para a súa muller. María non consegue falar con Andrés e leva así varios días polo que decide coller un avión e plantarse en Bruxelas.