Pitusa e Currás seguen cos preparativos da voda. Pitusa quere moitos convidados e Currás algo sinxelo. Ao decatarse de que cantos máis invitados máis agasallos, Currás pon unha pizarra no Petróleo para que todos se apunten. Sen embargo a xente de Portozás ten outras cousas serias nas que pensar. Por exemplo a chegada dunha Unidade Fiscal para inspeccionar os papeis do xulgado. Pitusa e Carlos están nerviosos aínda que saben que todo está en orde. Pero os inspectores son moi serios e escrupulosos, agás Sabela que conecta moi ben con Carlos e coa xente da vila. Cando todo está a piques de rematar satisfactoriamente, atopan un desfalco de tres millóns. Petróleo e Mangüi tampouco pasan por un bo momento. Mangüi quere crear seu propio negocio, un taller de motos e lle pide consello a Petróleo. Pero éste o toma como unha traizón polo que discuten e déixanse de falar. Belinda tentará que todo volva a ser como antes, pero o único que consegue é que se enzarcen nunha pelexa por todo Portozás.