Rosa e Helena teñen problemas para atopar tripulación e para conseguir unha licencia de pesca.  Currás e Pitusa estan cos preparativos da voda. Teñen problemas para decidir en que casa van vivir. Pitusa quere que sexa na súa e Currás non quere deixar o pendello. Todo se arranxará cando cedan un pouco. Carlos vai cumplir os corenta e comeza a ter síntomas de depresión. Anselmo aconséllalle que se coide un pouco máis, tanto física como mentalmente. Carlos escoita certos comentarios e pensa que lle van organizar unha festa sorpresa. Pero todo é un malentendido e ninguén se lembra do seu cumpreanos. Taracido e Concha pasan por unha crise matrimonial que solucionan gracias a Pitusa e Currás.