Fito e Iria estudian para un exame que terán ó día seguinte, unha proba definitiva para aproba-lo curso. O rapaz non é quen de memorizalo todo e decide levar unha chuleta. Cando chega o momento do exame, Fito descobre que deixou o papel da chuleta noutra cazadora e pídelle axuda a Iria, que escribe as respostas nunha nota para salva-lo seu amigo. Pero Don Florencio pilla a Fito no momento de copiar e bótao da clase. Fito, angustiado pola que lle espera e ante a posibilidade de suspende-lo curso decide fuxir. Iria acompáñao. Os dous nenos suben á barca de Melgacho e pídenlle que os leve. Melgacho, por suposto, o único que fai e deixar que os rapaces se dean conta do seu erro e volve con eles a terra, onde os pais de Fito, María, Andrés e toda a vila viven un estado de alarma. Cando os nenos aparezan poderá recomezar o Campionato Internacional de Futbolín de Portozás, un campionato de tradición masculina que Paula, rebelde quere romper. A pesar da oposición dos machos clásicos da vila,