Todo é sixilo en Portozás á hora de falar do novo banco de pesca atopado por Petróleo e Mangüi, para que non se enteren os de Cormelle, xa que, segundo di Melgacho, ese caladoiro xa fora descuberto polos da vila rival hai moitos anos.  Doutro lado, Currás, que non ten nin sequera onde pasar a noite despois de que Ladislao perdera os seus cartos, acepta as desculpas do avogado e tamén a invitación que lle fai para instalarse provisionalmente na casa dos Couto. Currás, que non sabe se contarlle a Pitusa toda a verdade sobre a súa vida en Canarias, descubrirá a historia desta con Anselmo, e pensa que éste pode ser o verdadeiro cabaleiro que ela se merece. Mentres, Anselmo presiónaa para que se decida por un dos dous. Os rapaces ilusiónanse cos cartos que o Concello lle vai dar á escola pero comezan a discutir sobre como invertilos. Despois de chegar á conclusión de que o mellor é organizar  un concerto, decátanse de que o presuposto non é moi elevado, e que non lles chegará para nada. P