Portozás, lucirá esta noite as súas mellores galas para recibir a un convidado moi especial: o Nadal. Todos están organizando xa o que farán na cea de Noiteboa; uns pasarana fora (Anselmo e Pitusa irán visitar á familia do médico, e Andrés, María e Iria celebrarana na Coruña), e outros achegaranse ata o "Petróleo". Todos están contentos, agás Ladislao que, despois de perder os cartos de Currás, non sabe que facer ante a inminente chegada do percebeiro.
Os rapaces, no peirao, escoitan con interese as historias de Melgacho, nas que a expresión "pasou un anxo" acada a súa máxima expresión, mesmo converténdose en realidade.
Ladislao atrévese, finalmente, a contarlle a Paula o que aconteceu cos cartos de Currás e, cando tentan falar con Ramón para arranxar o problema, este non fai máis que insultar ao seu fillo, ata o punto que Ladislao decide que sería mellor non ter nacido, e marcha da casa cunha idea fixa na súa cabeza. O "anxo" do que falaba Melgacho levará da man a Ladislao por un Po