Ramón couto invita a unha vella coñecida, Vicky Lantry, a visitar Portozás. Despois de vinte anos de ausencia, a que fora gran artista do teatro demostrará que, maila a amizade que os unía, Couto ignora algún dos segredos que ela agocha. Fito lle conta ós seus amigos que Laura lle ten feito de todo, pero a realidade é outra, nin siquera se atrevera a lle dar un bico. Será ela a que tome a iniciativa e Fito deixará de fachendear. Pitusa recibe outra carta de Currás, na que lle anuncia a súa inminente chegada. A funcionaria do xulgado non pode oculta-la súa felicidade, ata que unha preocupante noite dun naufraxio nas costas de Vigo os deixa a todos coaalma nun puño. Petróleo segue sen lle dicir a Belinda que ó estéril é él, pero ésta descubre as análises agochadas no bar, e intenta que sexa él quen llo diga. Pero él dice que dan igual os resultados, xa que non quere ter un fillo. Enfádanse evan cada un polo seu lado.