Celia, a alcaldesa, esperta da cama sobresaltada despois de ter un soño erótico con Ramón Couto e cóntallo ás peixeiras. Este acabará enterándose e poñéndose farruco diante dela. Celia demostrará o seu valor enfrontándose a un bico apaixoado. Pero a sorpresa maior para Couto será cando a súa filla, Paula, chega a cear co mozo, e descubre que o seu futuro xenro é de raza negra. Fito vese implicado sen querer nunha ilegalidade ao empregar explosivos para ir de pesca, pero o xuíz Carlos rematará descubrindo o verdadeiro culpable. Maila que o médico xa lle dera as análises, Petróleo non se atreve a contarlle a Belinda que o estéril é el, polo que adoptará un comportamento excesivamente varonil. Celia, elegante e seductora, serve unha copa de champán a alguén... será soño ou realidade?