Carlos, o xuíz, tenta convencer a Melgacho, coa axuda de Helena, de que non poña máis denuncias contra Parrocho, de Cormelle, do estilo de "miroume mal" e saudoume e non tiña por que", sobre todo porque o xulgado ten pendentes temas máis importantes. Por outra banda, Petróleo séntese molesto por facer as probas de fertilidade, xa que ten medo do resultado, e fala dando por feito que o problema é de Belinda. A elección dun novo concelleiro por parte de Celia, que en principio pensa en Felipe, vai desvelar unha traizón por parte deste e provocará que a elección definitiva recaia en Fina, a compañeira de Celia na lonxa. Pero como non todo ían ser rivalidades, Paula e Ismael, o novo irmán de Taracido, comezan a sentirse atraídos, despois dunha entrevista na radio.