Currás baixa eufórico dun barco cun petate sen imaxinar a conmoción que se vive en Portozás polo estado de Petróleo, que loita entre a vida e a morte. Mentres, a policía e todo o pobo ,tenta atopar ao mafioso que lle bateu. Cando a situación de Petróleo se agrava e non chegan pistas sobre o paradoiro do mafioso, un grupo de amigos do bar, liderados por Taracido, matinan un plan para tomarse a xustiza pola súa man. No medio deste clímax de tensión, Currás, sensible polo tráxico suceso, sincérase con Pitusa declarándolle o seu amor. A chamada urxente de Pitusa ó xuíz, moviliza á garda civil mentres que a patrulla encabezada por Taracido está disposta a detelo, sen sospeitar que Belinda vai intervir. Currás vaille deixar unha carta a Belinda para que lla dea a Pitusa.