Andrés recibe novas de Dani, que asegura estar ben no centro de acollida, pero María e Iria convénceno de que mellore a situación do rapaz solicitando a súa acollida temporal. Despois da pasar polo proceso de selección e a pesar de ser un solteiro que vive só, Andrés consegue que lle concedan a acollida de Dani gracias a que María se compromete a axudalo noscoidados do rapaz. O xulgado de Portozás recibe a orde de localiza-lo herdeiro dun emigrante que morreu en Arxentina. Despois de moitas pescudas, Pitusa, a secretaria do xulgado, descobre que o herdeiro é Petróleo. El non quere saber nada do seu pai, que o abandonou cando era neno, pero, co apoio de Berta, decídese a abri-la caixa que o seu pai lle deixou. Dentro hai un reloxo vello e unha carta na que lle pide desculpas ó fillo. Currás pon en circulación a última colleita de Perceval, un licor de fabricación caseira que él mesmo destila no seu pendello de forma clandestina. Pitusa, indignada polo descaro de Currás, convence a And