Mentres Belinda está a piques de facer as maletas, obrigada a marchar polos mafiosos, a súa amiga Amparo faille o encargo de ir cara Portozás. Alí entrégalle ao xuíz a carta e os cartos para Petróleo, rompendo o pacto de non falar con el, ao contarlle que Belinda o quere de verdade. Despois de ler a carta onde lle dí "cando leas esto eu xa estarei lonxe", Petróleo emociónase e convence ao xuíz para marchar na procura de Belinda en vintecatro horas.
Na escola, os rapaces viven a súa primeira experiencia democrática nas eleccións ao consello escolar. Fito séntese derrotado antes das votaciónse e Lois, o seu asesor de imaxe, proponlle facer un amaño coas papeletas.
Helena ten problemas para pechar un encargo xa que non dispón de persoal que traballe a madeira para restaurar vellos veleiros. A través de Ana, descubrirá a vea artística de Melgacho , ao que intenta convencer para contratalo. Ana, no súper, xa comezou a expoñer as esculturas de madeira de Melgacho.