Brais estréase na radio, "Bós días Portozás, as previsións dín que vai ser unha boa xornada para a pesca", e faino cun saúdo para Nuria Mouzo, sobriña da alcaldesa Celia e irmá maior de Ana, unha coñecida avogada que abríu os telexornais de tódalas televisións por mor dun caso que gañou defendendo un grupo de mariñeiros e mariscadores fronte a unha importante multinacional petroleira, e que agora chega coa perspectiva de instalarse en Portozás. Pero a súa irmá non está moi contenta coa idea, xa que non aguanta a súa obsesión por organizalo todo, e Helena ponse celosa cando Carlos lle ensina os xulgados a Nuria. Laura Castro, a nova alumna do colexio, enfrontarase a Fito por mor das eleccións escolares, mentres, Xurxo tenta transmitir aos alumnos a importancia das eleccións e da democracia. Por outra parte, Belinda, implicada no tráfico de mulleres desaparece deixando tan só unha carta que abate totalmente a Petróleo. Ladislao, no seu novo papel de avogado, acepta defender a Taracido