Curras segue na cadea a causa do engano do mafioso Carneiro. Decátase da gravidade do seu caso, cando o propio Ladislao rexeita se-lo seu avogado. Sen embargo todos, incluso o xuíz Carlos, animado por Helena, están dispostos a axudarlle e a aporta-las probas que lle permitan sair libre.
Na radio, Chano déixase convencer polas iniciativas de Ana, que pretende utiliza-la emisora para demostra-la inocencia de Currás, entrevistado finalemtne por Chano; mentres que Helena convence a Carlos para que forme parte do plan argallado por Petróleo.
Petróleo fala co mafioso Carneiro finxindo un trato sobre un cargamento, no que Carlos, Taracido e ó final tamén Ladislao desnevolverán o papel asignado e que propiciará un final con heroe inclúido. Ata ese momento, Pitusa anda nun mar de dúbidas porque non se atreve a entrar no calabozo a levarlle a Currás unha fiambreira.