A Currás propóñenlle un traballo sospeitoso: recuperar un fardo perdido nos Picos de Puntazás, que, a pesar dos consellos de Melgacho, Petróleo e Carlos, decide aceptar por un desafío persoal con Taracido, sen saber que se trata dunha sucia manobra que o levará a ser descuberto. Unacontecemento distinto será o embarazo de Berta, do que se entera Xurxo, a pesar dela, e que lle fai sentir certo agobio.
Por outro lado, aparecen antigos noivos; primeiro Pablo, que lle pide a Helena que recuperen a súa antiga relación, feito que aproveita ela para darlle celos a Carlos, o novo xuíz, a quen se siente cada vez máis unida. Máis tarde chega Luisa, unha antiga noiva de Ladislao que resulta conxeniar moi ben co seu pai, Ramón Couto, ata o punto de enfrontarse e4ntre eles porque o fillo pensa que o seu pai xa non ten idade para ligar.