No xulgado, Carlos vai acepta-la denuncia presentada por Taracido porque o galo de Currás canta demasiado cedo, non sen antes comproba-lo feito in situ, no pendello de aquel, coa axuda de Helena. Mentres chega a hora do canto, quedarán durmidos abrazados. Pero todo quedará nun bo prato de comida cando o galo aparece morto. No porto, Petróleo e Mangüi falan de que levan quince días sen pescar nada, polo que este pensa se terá un "mal de ollo". Pero Petróleo arranxará o problema coa axuda de Melgacho, que lle dí a mellor zona de pesca, pero pagará a unha meiga para que lle diga a Mangüi que xa lle curou aquel. Por outro lado, no dispensario, Xurxo coméntalle a Berta que lle ofreceron o destino quetiña pedido hai tempo, mentres que os alumnos diranlle a ela que é a única que o pode convencer de quedar. María, Andrés, Iria e Dani estráñanse da frialdade con que todos reciben a notica da súa marcha a Bruxelas, sen saber que lles agarda unha gran sorpresa no bar Petróleo.