Na radio, Chano Paula e Ana anuncian a celebración da tradicional carreira anual de carrilanas, que abrirá unha nova fronte na vila, habida conta de que Couto prescinde de Currás para fichar a Fitipaldi, un coñecido corredor que anda presumindo da súa victoria. Currás séntese rexeitado, pero vai encontrar un novo acomodo como piloto da escudería dos rapaces. Ladislao chega ó xulgado cun tipo vestido de noivo para denunciar á moza que o deixou plantado no altar ó día da voda, aínda que logo vai aparecer ela explicando a historia do seu retraso e o que acaba sendo denunciado será o noivo. Por outro lado, as parellas andan revoltas. Andrés tenta convencer a María para marchar de Portozás e acpta-lo traballo que lle ofrecen en Bruxelas, mentres que Carlos recibe de Cristina un ultimátum para irse da vila e casar. Helena, que o agarda no varadoiro, queda triste cando Carlos lle conta esta posibilidade, aínda que el confesa que prefire quedar...