A superstición e a tradición danse cita na celebración do bingo de San Telmo, pero Petróleo e Currás non contaban con que o novo xuíz, Carlos, o declare ilegal. Mentres todos falan de como monta-lo bingo sen chama-la atención, comezan a suceder unha serie de desgracias, polo que todos van bota-la culpa á decisión do xuíz, que finalmente cederá ante as presións do pobo. No concello, Celia anuncia que lle van facer unha homenaxe a Ernest Heinemberg, un famoso escritor que hai anos salvou a varios náufragos fronte ás costas de Portozás cando chocaron dous barcos. Pero Chano averigua que o verdadeiro heroe daquel suceso non é outro que Melgacho, aínda que este vai preferir que as cousas queden como están. A carreira de relevos entre os colexios rivais de Portozás e Cormelle enfrontará a Fito e Verónica, divididos entre os seus sentimentos e o propio espírito da competición.