Os preparativos para "a segunda voda" entre André e María póñense en marcha, pero a eles parécenlles excesivos xa que prefiren unha cerimonia discreta. Por si fora pouco o revó que vive a vila, chega a nai de Andrés, Carme, que pretende controlar tódolos detalles da voda, incluso lle ofrece a María o seu vestido de voda.
Por outro lado, chega a Portozás o xuíz substituto, Carlos, que lle pregunta a Melgacho onde está o xulgado, sorprendéndose do seu xeito de falar. Melgacho dí que vai chover, ante a incredulidade de Carlos, e efectivamente chove. Currás, que ve que é de fóra, ofrécelle en plena veda uns percebes.
Ademais, o novo xuíz achégase ata o piso que lle vai alugar Helena, e alí terán o primeiro encontro un tanto embarazoso. Pola súa parte, Xurxo, nun ataque de celos, decláralle o seu amor a Berta.
Andrés e María, agobiados polo ambiente e pola futura sogra, quedan sós e deciden casar en secreto.