No concello, Celia inicia o rexistro de "parellas de feito", un tema do que todos comezan a opinar, sobre todo cando unha parella de vellos que pretende inscribirse encontra algún que outro problema. Mentres que Andrés e María seguen a falar da nova data da voda, a rivalidade entre Portozás e Cormelle trasládase tamén ós rapaces cando van pescar a unha poza que está nas lindes de Cormelle. No medio da discusión, as miradas de Verónica -novo personaxe-, unha rapaza daquela vila, crúzanse coas de fito. Os rapaces preguntaranse sobre o amor imposible. A chegada do tío de Dani para quedar a vivir en Galicia e o ofrecemento para que quede con él fai dubidar sobre quen é a súa familia. Andrés recordarallo.