Portozás vive unha xornada preparatoria para a gran festa que terá lugar na praza da vila. As mulleres recorren a Belinda, que algo dí saber de perruquería, para que lles faga algún peiteado especial, aínda que a boa intención daquela terminará poñendo a todas de cor verde. Pero o máis afectado pola festa será Currás, que se porá moi nervioso e aínda lle cambiará a personalidade a partir de ser elixido como cantante de orquestra. Ladislao, no papel de mánager, sácalle proveito ó asunto facendo gorras de Currás, carteis entrevistas, sesión de fotos e imaxe. Currás estará insoportable. Helena está obsesionada por controlalo todo no varadoiro entrando en conflicto con Adrián, que termina por marchar e con él tódolos traballadores, o que a fará recapacitar. Por outra parte, o mariñeiro Sixto non quere confesa-la súa cegueira pero case pon en perigo a vida de Petróleo e Mangüi cando saen co barco. Berta diralle que o seu problema ocular pode ser operado.