Na famosa vila de Portozás, na Costa da Morte galega, uns dos seus personaxes máis carismáticos, Ladislao e ó percebeiro Currás, matinan a montaxe dunha empresa de turismo, "Portourzas", sendo os seus primeiros clientes uns amigos de Chano ós que intentarán timar, aínda que ó final o asunto lles saerá mal. Por outra parte, ó morrer o dono do varadoiro, entra en escena a súa filla Helena, coa intención inicial de vende-lo negocio, pero tras pensalo moito rexeita a oferta de Couto e decide poñerse á fronte do negocio familiar. Tralo susto do secuenstro da filla, Iria, e disposto a colaborar coa policía para axudar a desmantela-la organización mafiosa, Suso volve aparecer en Portozás pero esta vez para despedirse dela, que se sente orgullosa do pai. Noutra trama, aparece un antigo noivo de Berta coa intención de levala de viaxe, o que encende os celos de Xurxo.