A gran noticia de Portozás estará na constitución dun club de fútbol que pretende levar adiante Ramón Couto, coa axuda financeira da alcaldesa Celia, unha empresa moi ambiciosa para competir coa vila inimiga: Cormelle. Para afrontar con éxito o partido, e como o primeiro adestramento así como as tácticas de Couto resultan un fracaso, Fito propón enviar unha carta a Fran e Míchel para que acudan a xogar a Portozás como reforzo... pero ata o último momento non saberán deles...
Por outra banda, Samuel, un polisón africano atopado por Mangüi nun barco, vai recibi-lo apoio deste, de Belinda, mailo do propio xuíz que porá en marcha tódolos trámites para axudalo a través de ACNUR.
O encontro amoroso entre o profesor Xurxo e Ana, esfúmase nunha simple amizade, pero servíu para suscita-los celos de Berta e de Paula.
María non deixa marchar a Iria co seu pai, ante os requerimentos de Aguiar, un mafioso coñecido de aquel que a visitará...