Petróleo fai unha orixinal aposta: pasará dous días sen articular palabra. Tal é a magnitude da mesma que se redacta un documento do que todos están pendentes, sobre todo él que se dispón mesmo a pasa-la noite en branco con tal de non falar. Son moitas as trampas que lle poñen e múltiples as tentacións que lle van brindar.
Por otra banda, Ana, logo de dar unha charla ós nenos, coquetea con Xurxo e invítao á radio pola noite, despois do seu programa...
Por fín Andrés e María decídense a anuncia-la voda, pero durante os preparativos discuten sobre a casa onde van vivir os catro, tema que tamén afectará os rapaces, Iria e Dani, que se poñen a falar do seu futuro fogar. Cando van celebra-lo anuncio de voda pídenlle a Petróleo que sexa o seu padriño...