Portozás, vila hospitalaria e solidaria, acolle a trescentos rapaces saharauis. Un deles, Rahim, con problemas de saúde é co que se encariñará especialmente a doutora, Berta. Rahim, que ó final prefire regresar coa súa familia, contará ós rapaces da vila historias da súa terra. Tamén o bar de Petróleo vai ser protagonista por mor dunha idea de Ladislao e Currás, que o pensan converter en restaurante pasando a dura proba dun crítico gastronónico, o que lle traerá máis dun conflicto con Petróleo. Mentres tanto, sae a relucir un conflicto laboral por posible acoso sexual cando Silvia é despedida por Vázquez, feito que rematará no xulgado. O xuíz anda tamén a voltas co seu enredo sentimental, sen sospeitar que María está matinando pedirlle que case con ela.