Portozás convértese no plató do programa da TVG "Téquelexou", provocando un gran rebumbio para elixi-la parella representante da vila que irá concursar. Currás e Pitusa van terminar bailando tango como parella no Tequelexou, e compartindo habitación. A vila e os seus habitantes van vivir unha intensa e emocionante xornada, envoltos polo glamour das cámaras e os ensaios. Belinda, profesora de baile últimamente, non poderá face-las probas ó caer dunha escada, mentres que Xurxo o profesor tenta aproveita-la ocasión para formar parella con Berta, a doutora, facéndose pasar polo seu prometido... A aparición do personaxe de Rosa vai introduci-la polémica en torno ó presunto mundo masculino da pesca, xa que, cando pretende embarcar con Petróleo, Couto négase argumentando que é unha muller e que terá que facerlle unha proba como maiñeiro. Doutra parte, Dani e Antía flirtean abertamente, feito que lle suxire a Andrés a idea de falarlle de sexo...