Tralo accidente con Petróleo, D. Amancio ten que ficar nunha cadeira de rodas, pero vai ser animado por todos para xogar o basket-silla de rodas. Mentres tanto, a vida en Portozás altérase por un feito pequeno no que se involucra a Santa Compaña, xa que cando os rapaces rouban froita da horta de Currás este utilizará un disfraz de morte, provocando as iras da verdadeira Santa Compaña...
Doutra parte, Mónica, antiga noiva do xuíz Andrés, visita a vila para presenta-lo novo proxecto de porto xunto a Indus...