O anunciado matrimonio de conveniencia non foi entre Belinda e Currás, senón entre aquela e Petróleo. De tódolos xeitos, Currás volve ser protagonista pola súa leira, onde aparece nesta ocasión un avestruz, achado que dará moito que falar e que facer... Por outra banda, os rapaces e o profesor descubren que Lois recibe malleiras do seu pai, feito que vai ser denunciado ó xuíz, Andrés, tralo que finalmente deciden levalo vivir cos seus tíos; Petróleo e Amancio ofrécense a levalo, e de volta sofren un terrible accidente. Nisto chega á vila Arturo, un xornalista na procura do seu pai, que ó final o atopa e resulta ser Melgacho. Mentres tanto, María case que se converte en enfermeira ó colle-la gripe tanto a filla como Andrés. A convivencia failles observar certa incompatibilidade de caracteres...