Na leira de Currás aparece un cranio que vai espertar as máis incribles reaccións nos veciños da vila saltando incluso o achado aos medios de comunicación. Por outra banda, María segue fortalecendo a súa unión co xuíz Andrés, aínda que o xiro vai ser o de Chano, cando decida quedar de novo en Portozás tras declararlle Ana o seu amor. O achado do cranio na leira de Currás vai ser o acontecemento máis importante na vida de Portozás, vivido con intensidade por parte de todos. Así, Ladislao interésase polo descubrimento como posible "corpus delicti" e tenta vender o asunto á prensa, mentres que Andrés inicia unha investigación para descubrir a identidade do presunto morto.