Cumprindo a tradición o concello de Portozás prepara a súa festa no Castro de Puntazás: trátase dunha representación que conmemora a batalla entre as tribos celtas de Portozás e Cormelle, que supuxeran a fundación da vila. Pero Celia recibe a nova de que o concello rival, o de Cormelle, pensa face-la súa propia representación o mesmo día e, por suposto, no mesmo lugar. O Castro de Puntazás atópase no linde entre os dous concellos e ámbolos dous teñen dereito a celebra-la festa. Ramón Couto terá unha orixinal solución. Ladislao e Currás descubren unha muller agochada na tenda de efectos navais. É Belinda, unha dominicana  que chegou a Galicia como inmigrante ilegal e traballa nunha barra americana. Agora, está a fuxir do seu "chulo". Unha ONG concederá un premio á persoa máis solidaria da bisbarra e na vila todos agardan que o galardón sexa para Paula. Por outra banda, entre Andrés e María parece ser que a cousa funciona.