Dous feitos coincidentes e anecdóticos farán recapacitar a dous escépticos. Por un lado, os rapaces da emisora van xuntos de acampada a Punta Zás e un deles, Fito, pretende burlarse dos demais, disfrazándose de Sacaúntos, personaxe dunha lenda na que non cre. Por outra banda, esa mesma noite, Ladislao e Currás, andan con outra aventura, tratan de probar científicamente que Portozás é unha zona privilexiada para o aterraxe de OVNIS, aínda que Currás búrlase de todo iso. Currás e Fito, encontraranse na noite e xurdirán os temores... María recoñece a voz da muller, Isabel, que chama á radio para queixarse dos maltratos do seu marido, e tenta convencela para que o denuncie ante Andrés, o xuíz de Portozás. Este tema propicia que, de novo, María e o xuíz se sintan unidos e que Berta, a doutora, se dea conta de que a súa relación con aquel non ten futuro. Impresionada polo tema dos maltratos, María reflexiona sobre o moito que pode cambiar unha persoa cos anos e decide solicita-lo divorcio.