A vida tranquila que leva Carlos coa súa caravana e a súa horta vese interrompida pola aparición dun veciño, que se instala o seu lado cunha caravana enorme. Nun principio a convivencia transcorre con normalidade, pero pronto comezan os problemas, xa que Alfonso, o novo veciño, non deixa de molestarlle. A súa aparición non é unha casualidade, xa que Carlos descobreque Alfonso está alí contratado polo dono da finca onde vive o ex-xuíz para conseguir botalo. Iria está castigada por María e non pode asistir á festa de aniversario que fai Lois, pero como a súa nai vaise de viaxe, Iria móstrase moi amable con Viriato para que este a deixe acudir á festa.