Aproveitando que María e Viriato están de lúa de mel no Caribe. Lois convence a Iria de facer unha festa na casa de Viriato; pero cando están na metade da festa chama María dicindo que xa están en Madrid polo que os nenos teñen que poñerse a limpa-la casa nun tempo récord. A Manolo, o garda civil, encárgalle vixiar todo o día a Taracido xa que o apresaron cun exceso na captura de percebes. Taracido ó estar todo o día vixiado tenta despitar por tódolos medios a Manolo coa axuda da súa muller, Concha, e de Suso.