Comeza un concurso na RTVP chamado "A parella ideal". Preséntanse case tódalas parellas de Portozás. Viriato e María discuten pola inmiscusión de Viriato na educación de Iria. O enfado remata cando María se decata de que ten que contar máis con Viriato, e ademais Iria xa non é unha nena. Gracias ó concurso Iria e Lois achéganse e rematan facéndose noivos. Rosa e Carlos tamén discuten polo concurso. Rosa pensa que Carlos non a escoita. Ó final decátanse de que os detalliños sobre o outro non son o máis importante dunha relación.